
rio mandeo , ¡¡ víveo é teu !!
Proxecto Mandeo é un ambicioso programa que se materializará en distintas anualidades e suporá a transformación da actual e pouco valorada conca do río Mandeo nunha área de gran valor ecolóxico, cultural e turístico.
O plan, cun investimento de 12,4 millóns de euros cofinanciados pola Deputación da Coruña e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), conta coa colaboración dos concellos coruñeses de Aranga, Betanzos, Bergondo, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado, onde está previsto realizar importantes actuacións.