Acadar os diferentes obxetivos parciais do Proxecto Mandeo supón desenrolar a curto, medio e longo prazo unha ampla lista de actuacións. Os organismos políticos e sociais implicados concentraron estas actuacións en tres áreas que, á súa vez, están subdivididas en actividades con entidade propia:
1. Optimización dos usos da auga, a través da que se fomentará un modelo sostible do consumo do recurso "auga".
2. Dinamización turística, coa que se promoverá a aparición de novas actividades produtivas no medio rural, contribuíndo a xerar renda e emprego e freando o proceso de despoboación actual.
3. Educación e formación ambiental, para incrementar o coñecemento ambiental a todos os niveis e concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a riqueza e valores da conca do Mandeo.
Máis información relativa a Actuacións