Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

Hostaleiros de Refuxios do Mandeo e Arousa Norte comparten experiencias de promoción turística

Empresarios da marca de calidade Refuxios do Río Mandeo acudiron onte ao Concello da Pobra do Caramiñal, en Boiro, para asistir ao Campus Vivencial Arousa Norte.

O obxectivo deste novo campus é que os empresarios hostaleiros asociados á marca de calidade coñezan e analicen o modelo da Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, exemplo de xestión e promoción turística. Durante o encontro, os técnicos da Mancomunidade aseguraron que a única vía para alcanzar o éxito dentro do panorama turístico nacional e internacional é a unión e o traballo en rede e sinalaron que a colaboración, o asociacionismo e a creación de produtos turísticos atractivos son imprescindibles para atraer a visitantes e diversificar a oferta.

María del Carmen Ferreirós, propietaria da casa de turismo rural Aldea Os Muiños, fixo especial fincapé na importancia da unión e a posta en marcha de innovadoras técnicas de promoción turística para diversificar a oferta. Para iso este grupo do turismo rural creou os Bonos Rurais, que por 50 euros permiten unha estancia para dúas persoas con almorzo caseiro incluído nun dos establecementos asociados ao programa. Tamén se planificaron e e promoveron os Bonos gastronómicos, creados para impulsar os restaurantes da zona.

Durante o xantar, realizado no O Galeón, os técnicos resaltaron a importancia da colaboración entre empresas do mesmo sector. Despois do xantar Francisco Carnota, propietario da empresa en deportes acuáticos Tournautic e Pesca, explicou cómo se está a beneficiar da Ruta do Mexilón, na que operan actualmente tres empresas de deportes náuticos "somos tres empresas pequenas, pero unidas, podemos acomodar grupos de ata 52 persoas, mentres por separado só podemos traballar con grupos de 12 ", afirmou o empresario.

A marca de calidade "Refuxios do Río Mandeo" é unha iniciativa ca que se intenta dinamizar dende o punto de vista turístico e económico os distintos concellos da zona. Actualmente está formada por unha rede de 26 establecementos - incluíndo restaurantes e hospedaxe - que ofrecen calidade nas súas materias primas a prezos xeralmente moi accesibles.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es