Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

Refuxios do Río Mandeo lanza a súa oferta de San Valentín

Mandeo á carta permite degustar menús elaborados con produtos de tempada por 24 euros/persoa. Se o desexa, o cliente pode pernoctar tamén nas vivendas rurais da marca.

"Mandeo á carta" constitúe unha proposta ideal para San Valentín ao ser unha experiencia culinaria única ao alcance de todos os petos. Os menús que conforman esta oferta conteñen receitas autóctonas preparadas polos profesionais de hostalaría dos Refuxios do río Mandeo.

Os establecementos que participan desta iniciativa son Casa Platas (Aranga), Grellada San Isidro (Bergondo), Os Arcos (Betanzos), Mesón Veiga (Betanzos), El Moderno (Oza dous Ríos), El Caserío (Coirós), Expres (Curtis), As Casiñas (Sobrado), Casa do Queixo de Grixalba (Sobrado), La Paz (Coirós), o Pasatempo (Betanzos), Hostalaría Real (Sobrado), Parrillada Terra Nova (Oza dos Ríos), Casa Vidal (Paderne), Casa de Sixto (Paderne), Reitoral de Cines (Oza dos Ríos) e o Hotel Rural Casal de Mouros (Irixoa).

Cada un deles propón un menú composto dun primeiro e un segundo prato, con produtos locais de tempada; sobremesa de elaboración caseira; viño da conca do Mandeo, cafés, augas, refrescos e pan. O prezo é igual en todos os casos: 24 euros (IVE incluído) por persoa.

O obxectivo final desta experiencia gastronómica é ofrecer receitas de calidade cos mellores produtos autóctonos. O único requisito é que os clientes reserven con polo menos 24 horas de antelación na central de reservas de Refuxios do Río Mandeo a través do correo electrónico reservasrefuxios@riomandeo.com ou no teléfono 981 100 939.

Cada menú, ademais, leva aparellado un tícket Amigo do río Mandeo de regalo que ofrece un desconto do 10% nun futuro paso por outro establecemento adherido ou colaborador da marca Refuxios do río Mandeo.

Refuxios do Mandeo é unha marca de calidade á que xa se adheriron 27 establecementos de restauración e tamén de aloxamento, o que permite aos namorados a posibilidade de pasar a noite nalgunha das tradicionais vivendas rurais galegas, que conservan todo o encanto e a maxia da terra a un prezo moi alcanzable. Esta maridaxe de gastronomía, natureza e descanso constitúe unha opción inmellorable para este San Valentín.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es