Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

O globo de Betanzos alzouse onte ante 70.000 persoas

A localidade brigantina acolleu onte a ascensión do aeróstato de papel máis grande do mundo.

Un ano máis, o globo que a familia Pita elabora nos meses previos ao día de San Roque alzouse sobre o ceo de Betanzos para dar o toque máis especial á xornada adicada ao patrón da localidade. Como é costume, miles de persoas procedentes de toda a bisbarra concentráronse na praza García Irmáns en busca do mellor sitio para presenciar a ascensión do aeróstato.

Tras ser inflado polo procedemento artesanal do lume prendido na palla de centeo, o globo alzouse sobre a vila en medio da ledicia dos asistentes.Cando empezou a despregarse (por efecto da entrada do aire quente) amosou os debuxos realizados este ano, nos que aparecía o novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Ao elevarse o público aplaudiu enérxicamente o traballo dos Pita e os seus asistentes, que conseguiron facer deste acontecemento uno dos máis populares do verán galego.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es