Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

O Proxecto Mandeo expón a súa experiencia de turismo de valor engadido no I Foro de Cidades da Ciencia e a Innovación

Os expertos reunidos en Valencia valoraron a transformación dos recursos naturais en valores para a cidadanía e o turismo do proxecto da Deputación da Coruña.

A experiencia da transformación dos recursos naturais en valores para a cidadanía e o turismo do Proxecto Mandeo foron obxecto de referencia nunha mesa redonda sobre cidadanía dixital que se celebrou este martes no I Foro de Cidades da Ciencia e a Tecnoloxía, na Universitat Politècnica de Valencia.

O modelo de actuación desenvolvido no Proxecto Mandeo, unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) coa finalidade de potenciar o desenvolvemento sostible dos dez concellos desta cuenca, foi presentado por un dos asesores técnicos do proxecto,
o profesor da UDC Jerónimo Puertas, quen explicou como os alicerces que forman o Proxecto Mandeo permitiron transformar os recursos naturais da cuenca en valores para a cidadanía e o turismo, abordando de forma integrada aspectos como o patrimonio natural e fluvial, o patrimonio etnográfico ou a educación ambiental.

Jerónimo Puertas resaltou a importancia das actuacións desenvolvidas, que teñen como eixe vertebrador o río Mandeo e puxeron en valor o patrimonio paisaxístico, cultural e histórico deste territorio, garantindo a biodiversidade mediante a mellora da conservación dos hábitats naturais a través da participación cidadá na xestión eficiente e sostible do auga, que consolidaron espazos públicos de alta calidade. Boa proba diso é a súa candidatura a Reserva Mundial da Biosfera baixo a denominación Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo.

Tamén recordou que o Proxecto Mandeo apoiou a creación de
riqueza na zona impulsando a calidade, percepción e goce do medio fluvial tanto por parte dos habitantes do territorio como dos turistas. Como exemplo está a implementación do selo de calidade Refuxios do Río Mandeo, unha rede que integra a 27 establecementos -entre restaurantes tradicionais e aloxamentos rurais- e catro entidades de lecer colaboradoras.

Esta xornada, organizada pola Rede de Universidades Valencianas para o fomento do I D i (RUVID), serviu como un foro de encontro entre a ciencia, as administracións e a cidadanía, no que se compartiron experiencias sobre políticas locais que contribuíron ao desenvolvemento municipal baseado no coñecemento, á vez que expuxeron as solucións aplicadas en cidades españolas e europeas en diferentes ámbitos como o comercio, o turismo, a cidadanía dixital, o emprendemento ou a sostenibilidade.

Proxecto Mandeo

O Proxecto Mandeo é unha ambiciosa iniciativa, promovida pola Deputación da Coruña e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que pretende fomentar o desenvolvemento sostible dos concellos desta cuenca poñendo en valor o recurso do auga. O Proxecto abarca dez concellos (Betanzos, Bergondo, Paderne, Irixoa, Coirós, Oza dos Ríos, Aranga, Curtis, Cesuras e Sobrado dos Monxes) que contan con 40.000 habitantes.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es