Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

Nace a Asociación de Empresas Turísticas Río Mandeo

Tras anos tutelados pola Deputación, os responsables de establecementos que participaron no Proxecto Mandeo deciden continuar a promoción da cuenca fluvial pola súa conta.

O Proxecto Mandeo, unha iniciativa da Diputación da Coruña cofinanciada con fondos FEDER, deu os seus froitos. E logo de varios anos de tutela por parte da administración provincial quedou constituída a Asociación de Empresas Turísticas Río Mandeo, que agrupa a 31 restaurantes, casas rurales e entidades colaboradoras. O obxectivo, como explicou o seu presidente, José Soto Martínez, é axuntar forzas para fomentar e dinamizar un turismo sostenible e de calidade nas cuencas fluviales, en concreto na do río Mandeo. Coa colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural de As Mariñas-Betanzos e da Asociación de Empresarios de Turismo do Eume, traballan xa no desenvolvemento de actividades conxuntas como, por exemplo, unha proxecto para realizar o Camiño Inglés á inversa visitando os puntos máis atractivos destas comarcas.

Na presentación oficial da asociación, que se realizou en casa de Sixto en Paderne, estiveron boa parte dos empresarios que forman parte da entidade así como varias autoridades. O alcalde de Paderne, César Longo, apostou por que eles apoien iniciativas privadas deste tipo e recordou que conseguir a declaración de Reserva da Biosfera, que xa pasou o primeiro filtro en Madrid e o proxecto xa está no comité de Parides, sería un bo espaldarazo para esta asociación. O responsable se Turismo da Diputación, Antonio Cañás, explicou que as axudas sempre son máis rendibles cando, como neste caso, despois xorden iniciativas privadas que apoien e promuevan os proxectos iniciados.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es