Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

A II xira dos Caneiros clausurará ás festas de Betanzos

Este mediodía comezará a segunda xira dos caneiros co disparo de vinte e unha bombas de ordenanza. Varios grupos musicais animarán a festa no campo dos caneiros.

A maioría dos asistentes chegarán a pé ao campo situado nas beiras do Mandeo, pero a romaría, pagá e centenaria, é unha festa en lancha. As embarcacións remontarán o río dende o peirao do paseo da Tolerancia na ponte Vella, en Betanzos ata o seu destino final en Coirós. Moitas das embarcacións son antigos barcos reconvertidos para uso de recreo, nos que a mesa ocupa un lugar destacado. Nelas, familias e amigos gozan co menú típico da festa: empanada, tortilla e filetes .

A animación musical correrá a cargo da charanga N.B.A., que tocará ao longo do percorrido desde a súa propia lancha, e do grupo D-Noite, que se subirá ao escenario do campo dos Caneiros a partires das cinco da tarde. Para o fin de festa, a orquestra Nova Imperial soará dende un palco situado na praza de Enrique IV e orientado ao Mandeo.

O programa na ponte Vella rematará cun espectáculo pirotécnico que comezará ás once da noite. Logo a festa continuará na praza dos Irmáns García Naveira cunha verbena amenizada pola orquestra Tekila, que porá fin ás festas patronais brigantinas.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es