Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Bergondo

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Bergondo

Situado na bisbarra das Mariñas, Bergondo é un dos principais centros de fabricación de xoias de España, cun representativo número de familias artesanas que dende o século XVIII ata hoxe compiten a nivel internacional.

Ficha-resumo:
Superficie: 32,7 km²
Poboación: 6.539 habitantes (Fonte: INE - 2006)
Parroquias: Bergondo (San Salvador) , Cortiñán (Santa María) , Guísamo (Santa María) , Lubre (San Xoán) , Moruxo (San Vicente) , Ouces (San Xoán) , Rois (Santa Mariña) , Santa Marta de Babío (Santa Marta) , Vixoi (San Fiz).
Para ver: Pazo de Mariñán, Mosteiro de Bergondo, praia de Gandarío, Igrexas de Ouces e Guísamo, Pazo de Armuño, Pazo de Casal e Pazo de Valdomir.
Festas: Festival Galego de Música o 11 de setembro, romaría de Sta. Marta en Babío o 29 de xullo, S. Salvador o 6 de agosto, Nosa Señora en Guísamo, o 15 de agosto e as festas de San Roque, tamén o día 15.

Paisaxe: Sen dúbida, o monumento máis representativo do concello é o Mosteiro de Bergondo do ano 1138. En relación á arquitectura civil abundan os pazos e as quintas de principios de século. Destacan o de Valdomir en Guísamo; o de Armuño en Lubre; o de Casal en Santa Marta de Babío, o de Fiobre da familia Romay, e, sobre todo, o Pazo de Mariñán, hoxe centro cultural da Deputación da Coruña. Non se deben esquecer as súas praias, moi concorridas no verán: Gandarío, Moruxo e O Pedrido. A gran calidade medioambiental do concello e as boas comunicacións favoreceron o seu desenvolvemento como lugar de segundas residencias.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es