Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Betanzos

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Betanzos

Betanzos dos Cabaleiros, unha das antigas provincias do Reino de Galicia, é, na actualidade, a capital da bisbarra que leva o seu nome e unha das máis fermosas cidades históricas de Galicia.

Ficha-resumo:
Superficie: 24,2 km²
Poboación: 13.165 habitantes (Fonte: INE - 2006)
Parroquias: Betanzos , Brabío (San Martiño) , Piadela (Santo Estevo) , Pontellas (Santa María) , Requián (Santiago) , San Pedro dás Viñas (San Pedro) , Tiobre (San Martiño).
Para ver: Igrexa de San Francisco, de Santiago, de Santa María do Azogue, portas de entrada á cidade, parque do Pasatempo, Fundación CIEC e Museo das Mariñas.
Festas: Romaría da Magdalena o luns e martes de Pascua, San Xoán o 23 de xuño, procesión marítima da nosa Señora do Carmen, o 16 de xullo e as afamadas festas de San Roque co globo e Os Caneiros.

Visita
: Esta pequena cidade, capital dunha antiga provincia do Reino de Galicia, ten o seu centro na Praza de Irmáns García Naveira aos pés da desaparecida muralla. Ao carón levántase o Convento de Santo Domingo, o Arquivo do Reino de Galicia e a Biblioteca Municipal, edificios construídos nos séculos XVII e XVIII. Nunha esquina atópase o Colexio das Orfas do século XVIII. Subindo cara á cidade vella, na Praza da Constitución podemos contemplar o Concello neoclásico, o pazo de Bendaña e a igrexa de Santiago, fronte á que se atopa o coñecido pazo de Lanzós.
Os dous edificios máis relevantes de Betanzos son os templos góticos de Santa María do Azogue e San Francisco, cunha praza e un cruceiro entre ambos. Tamén se conservan vestixios de arquitectura popular nas das casas góticas do século XV e nas tres portas medievais.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es