Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Coirós

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Coirós

Os importantes desniveis de terreo polos que pasan o río Mendo e o Mandeo, caracterizan este concello coruñés no que se pode contemplar tanto paisaxes fluviais (Chelo) como montañosas (A Espenuca).

Ficha-resumo:
Superficie: 33,9 km²
Poboación: 1.654 habitantes (Fonte: INE - 2006)
Parroquias: Armea (San Vicente) , Coirós (San Xulián) , Colantres (San Salvador) , Santa María de Ois (Santa María) , Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) , Santiago de Ois (Santiago).
Imprescindible: A presa de Chelo, A Espenuca, Santa Aia e Santa María de Ois.
Festas: Santa Mariña en Lesa o 18 de xullo, Santísimo Sacramento en Coirós o 4 de agosto, San Salvador en Colantres o 6 de agosto e a Romaría de Santa María de Ois, o segundo domingo de Pascua.

Visita
: O principal atractivo turístico do concello son as súas fermosas paisaxes naturais. Nun ensanchamento do río Mandeo localízase o fermoso lugar de Chelo, declarado paraxe pintoresco en 1.971. Nel entre unha frondosa vexetación, os amantes da natureza poden practicar a pesca, bañarse ou facer sendeirismo pola ruta que remonta o curso do río.
Outro lugar de gran beleza é o miradoiro do monte A Espenuca, aínda que na actualidade as vistas son menores debido á altura dos eucaliptos da zona. Nesa paraxe localízase tamén a igrexa románica de Santa Aia e a recente ermida da Virxe, con elementos da cultura castreña. O patrimonio histórico artístico complétase coas igrexas románicas de San Xulián de Coirós, o Divino Salvador de Collantres, Santa María e Santiago de Ois.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es