Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Paderne

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Paderne

En Paderne abundan os vales regados polos ríos Mandeo e Lambre. Unha desas fermosas paraxes é o lugar de Chelo, ás beiras do Mandeo no límite con Coirós, onde o río forma asombrosos escenarios naturais.

Ficha-resumo:
Superficie: 39,8 km²
Poboación: 2.735 habitantes (Fonte: INE - 2006)
Parroquias: Adragonte (Santiago) , Obre (Santo André) , Paderne (San Xoán) , Quintas (Santo Estevo) , San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón) , San Xulián de Vigo (San Xulián) , Souto (Santa María) , Vilamourel (San Xoán) , Vilouzás (San Salvador)
Imprescindible: San Pantaleón das Viñas, o Pazo de Montecelo, as igrexas de Santa María de Souto, San Andrés de Obre e San Salvador de Vilouzás.
Festas: Virxe dos Remedios en Souto o 9 de setembro, San Pantaleón en As Viñas o 27-29 de xullo, San Salvador en Vilouzás o 6-8 de agosto e a Virxe do Carmen en Paderne o 21-22 de xullo.

Visita: Dende a Idade Media, a linaxe dos Andrade marca a historia de Paderne como se pode observar no seu escudo municipal. No seu territorio abundan os belos espazos fluviais ás beiras dos ríos Mandeo e Lambre, onde os amantes da pesca capturan todos os anos exemplares de troita e salmón. Respecto ao patrimonio arquitectónico destaca a igrexa de San Pantaleón de Viñas que aínda conserva na fachada elementos da súa primitiva construción do século XIII. Preto dela pódese admirar o Pazo de Montecelo, doado hai uns anos a unha institución relixiosa. É recomendable adicar uns minutos a observar o seu escudo cos símbolos dos Bermúdez e dos Andrade.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es