Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Sobrado

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Sobrado

Dende a súa fundación no ano 952, a historia de Sobrado dos Monxes xira en torno ao mosteiro que leva o seu nome.
Declarado Monumento Nacional Histórico­-Artístico, non se deben abandonar estas terras sen visitar os seus afamados muros.

Ficha-resumo:
Superficie: 120,6 km²
Poboación: 2.289 habitantes (Fonte: INE - 2006)
Parroquias: Carelle (San Lourenzo) , Ciadella, A (Santa María) , Codesoso (San Miguel) , Cumbraos (San Xiao) , Folgoso (Santa Cristina) , Grixalba (San Xiao) , Nogueira (San Xurxo) , Porta, A (San Pedro) , Pousada (San Mamede) , Roade (Santo André)
Imprescindible: Mosteiro de Sobrado dos Monxes, lagoa de Sobrado, pazo de Gado e pazo de Golmar.
Festas: Virxe das Dores o 13 de setembro en Porta, S. Vitorio e S. Cidre en Grixalba os días 14 e 15 de maio e San Ramón o 31 de agosto.

Visita
: Varios datos sobre o Mosteiro dan idea da relevancia e poder que acadou na súa época. No ano 1773 a súa hospedaría albergou a 8.000 peregrinos camiño de Compostela e a uns 3.000 viaxeiros. Chegou a ter 80 monxes que daban esmola diaria a unhas 600 persoas, empregando para iso uns cinco mil ferrados de trigo e centeno. Hoxe en día pódese visitar asesorados por un monxe que recibe na portería a turistas e veciños. Nos arredores atópase a lagoa artificial formada polo ensanchamento do río Tambre e declarada espazo natural de interese ornitolóxico.
En arquitectura civil destacan o pazo de Gado e o de Golmar en Roade e en arquitectura relixiosa, as igrexas de Cardelle con ábsida románica e da Cidadela de finais do século XII. Nesta parroquia consérvanse tamén restos dun campamento romano, en fase de excavación.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es