Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Natureza / Espazos naturais de interese / Marismas de Betanzos

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Marismas de Betanzos

As marismas de Betanzos esténdense dende a desembocadura dos ríos Mandeo e Mero ata a ponte do Pedrido, conformando unha ampla braña que se inunda ao subir e baixar as mareas.

Descrición: Con extensas chairas de xuncos, estas marismas posúen un alto valor ecolóxico ao ser o punto escollido polas aves migratorias para descansar durante os longos percorridos. Constitúen un hábitat de gran importancia para as aves palustres que o empregan de refuxio nos seus desprazamentos. Nas xunqueiras abundan os zarapitos, as agullas, garzas e anátidas.

Flora: Ainda que a vexetación está dominada polos xuncos, existen distintas zonas dependendo da profundidade e a salinidade da auga. En marea baixa, no centro da marisma aparece unha chaira colonizada por zoostera mariña. Ao carón medran pradarías de salicornia que son substituídas por xuncos a medida que nos achegamos á desembocadura. No fondo de ría, o xunco é substituído por carrizo (Phragmites). Existe ademais unha extensa representación de especies típicas de augas salinas como aster, limoniun, puccinelia ou plantago marítima.

Fauna: O salmón atlántico, case inexistente en augas galegas, aínda remonta a ría de Betanzos buscando as zonas de desova no río Mandeo, onde abundan os reos e troitas.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es