Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Natureza / Espazos naturais de interese / Parque do Pasatempo

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Parque do Pasatempo

Situado nos arredores de Betanzos, este parque enciclopédico con fins didácticos foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e Xardín Histórico en 1981.

Historia: No ano 1893 cando comezou a súa construción, este gran parque enciclopédico de 90.000 m2 integraba edificios, esculturas e xardíns. Orixinariamente presentaba dúas partes: os xardíns con 80.000 m2 que cubrían toda a zona baixa do conxunto, e o núcleo plástico duns 8.000m2, que estaba distribuído en diferentes niveis aproveitando a inclinación do terreo.

Finalidade: Independentemente da función social e intelectual que cumpría, o Pasatempo tiña un fin eminentemente económico dirixido ao beneficio das clases máis desfavorecidas de Betanzos nunha época de forte recesión económica.

Descrición: Obra de indianos ricos (os irmáns García Naveira), o Pasatempo naceu como un museo lúdico ao aire libre de coñecementos varios que exhibía as novidades tecnolóxicas do momento. Dentro do que aínda se conserva chaman a atención as covas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro, os reloxos cos fusos horarios mundiais, os murais policromados (que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible ou funicular e o mural da España monárquica e as súas 18 fillas republicanas) ou a Mesquita de Mohamed Alí.

Arredores: O nivel inferior do que non quedan case restos é hoxe un parque moderno que conta nas súas instalacións con auditorio, xardín lúdico, recinto infantil e parque botánico no que destaca o Tren do Pasatempo.

Horarios de visita: Luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:30 h. Fin de semana, ata as 21:00 h. Recinto histórico só fin de semana de 16:00 a 20:30 h. Entrada Libre.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es