Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura civil / Zona antiga de Betanzos

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Zona antiga de Betanzos

Pasear por Betanzos é facelo por unha das cidades máis antigas e con máis historia de Galicia, declarada conxunto-histórico-artístico en 1970.

Descrición: O centro vital da vila é a Praza García Irmáns, popularmente coñecida como O Campo por ser secularmente o escenario da súa famosa feira, na que se pode adminar unha fonte ao estilo da versallesca de Diana. Ao carón atópase o Convento de Santo Domingo coa súa torre barroca, o Arquivo do Reino de Galicia e o Colexio de Orfas do século XVIII.
Subindo cara á Praza da Constitución levántanse a Casa Consistorial, o Pazo de Bendaña e a modernista Casa Núñez. Nun lateral da praza localízase a Igrexa de Santiago coa porta principal orientada cara un acolledor recanto fronte o Pazo de Lanzós.
Outro conxunto monumental, promovido por Fernán Pérez de Andrade, é o formado pola igrexa de Santa María de Azogue e a de San Francisco. A de Santa María alberga catorce tallas flamencas de gran valor e a de San Francisco o afamado sepúlcro de Fernán Pérez de Andrade O Boo, datado segundo a inscrición no ano 1387.

Arredores: Nas inmediacións desta histórica vila atópase o Parque do Pasatempo, obra ecléctica que se empezou a construír no ano 1893 como parque enciclopédico e didáctico con estanques, covas artificiais, estatuas de mármore e grandes murais.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es