Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura popular / Portas de entrada

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Portas de entrada

A vila de Betanzos conta con distintas portas de entrada á cidade. Catro son as máis representativas:

Porta da Ponte Nova: Situada no sector oeste da cidade, comunica a rúa de San Francisco coa rúa da Ribeira. É a que se atopa en mellor estado de conservación e ademais aínda mantén a estrutura inicial do século XV. Na parte exterior pódense contemplar os arranques e os muros laterais das torres, así como o corredor que os une. O interior presenta dobre arcada apuntada.

Porta da Ponte Vella: Situada no sector este da cidade, comunica as rúas da Cerca e O Alfoli. Conserva aínda no seu arco oxival unhas guías que logo foron substituídas por estacas e trancas. Diante desta porta tiña lugar o chamado Control dos pesos das mercadorías para vender.

Porta do Cristo: Coñecida coma Porta da Ribeira ou de Paio Fermoso comunica a rúa da Ribeira coa rúa da Cerca no sector este da cidade. No tímpano postizo destaca un crucifixo onde aparece pintada unha cidade, cun sol e unha lúa.

Porta da Vila: Actualmente desaparecida, foi derribada a mediados do século XIX. No seu momento constituíu a principal vía de entrada á cidade. Na parede da casa consérvanse aínda os escudos que representan a concesión do título de cidade a Betanzos, en 1465, por Enrique IV.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es