Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de San Vicente da Fervenza

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de San Vicente da Fervenza

Igrexa de tipoloxía rural, de estilo maioritariamente barroco, situada na localidade do seu mesmo nome, en Aranga.

Descrición: Presenta unha planta rectangular dunha soa nave con ábsida rectangular e sancristía nun lateral. Sufriu distintas reformas ao longo da súa historia, destacanado a elevación da súa altura. Os muros son de cachotaría de granito co lateral dereito recebado.

Decoración: Moi sobria. A fachada concentra a escasa ornamentación que posúe cunha porta decorada cun friso de casetóns, un rosetón con vidreira e unha espadana rematada nunha cruz. A luz entra a través do rosetón, de tres fiestras laterais e dunha ventá seteira posterior.

Arredores: Preto da igrexa pódese contemplar un cruceiro de finais do século XV e principios do século XVI, construído en granito, con plataforma cuadrangular de tres chanzos, sobre a que se asenta un pedestal paralelepípedo do que parte un varal cadrado rematado nun colar cuadrangular e capitel cadrado. Enriba aséntase unha cruz con brazos rematados en botón; no anverso o Cristo crucificado e no reverso, unha Virxe sentada co neno.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es