Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de San Cristovo de Muniferral

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de San Cristovo de Muniferral

Igrexa dunha soa nave con ábsida rectangular, construida no século XII no estilo da época: o románico. Localizada en San Cristovo de Muniferral, en Aranga.

Descrición: É o único templo de orixe románico do concello. Conserva elementos arquitectónicos orixinais como os curiosos canzorros zoomorfos e antropomorfos que decoran as naves. Como tantas igrexas da época foi modificada en anos posteriores e a fachada, a espadana e a sancristía son de estilo barroco.

Arredores: Nas inmediacións levántase un curioso cruceiro con plataforma cuadrangular de tres chanzos rematada nun pedestal cúbico no que se inscribe unha placa co ano de restauración (1958). A vara de sección cuadrangular está coroada por un capitel tamén cuadrangular. Sen dúbida, a cruz é o elemento máis destacado, cos brazos cuadrangulares rematados en chafran. No anverso, a figura do Cristo crucificado con tres cravos e a cabeza ergueita. No reverso, a figura de San Cristovo, patrón dos fregueses.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es