Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de San Pedro de Feás

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de San Pedro de Feás

Igrexa de tipoloxía rural, de estilo predominantemente barroco situada na localidade do seu mesmo nome, en Aranga. Na fachada principal destaca a espadana barroca de cantería.

Descrición: Planta rectangular dunha soa nave, ábsida rectangular e sancristía detrás do altar. Os muros son de pedra granítica recebada, agás os da fachada principal onde se emprega pedra á vista. Posúe dúas entradas: a da fachada principal e a do muro lateral.

Arredores: Preto da igrexa érguese un cruceiro de granito con plataforma cuadrangular de dous chanzos e asento, sobre o que descansa un pedestal de dúas pezas: un bloque paralelepípedo e outro moldurado do que arrinca un varal de sección cadrada rematado cun colar. O capitel é composto con volutas e anxos. Culmina nunha cruz que ten no anverso o Cristo crucificado e no reverso unha Virxe Inmaculada.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es