Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Conxunto de Santa María de Oís

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Conxunto de Santa María de Oís

Igrexa de estilo románico do século XII (1183), de tipoloxía rural situada en Santa María de Oís, en Coirós. O tímpano conten unha inscrición referente ao presbítero Pelayo de Oís e ao ano de construción.

Descrición: No interior da súa planta rectangular, o paso do presbiterio á nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só presenta bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos: un triunfal e outro intermedio.

Decoración: A decoración do exterior concéntrase na fachada principal, onde destaca o tímpano cunha inscrición sobre o presbítero Pelayo de Oís e ao ano de construción.

Arredores: No atrio da igrexa érguese o cruceiro de Santa Maria de Oís sobre unha plataforma de chanzos cuadrangulares. O pedestal ten forma prismática de curta altura e caras lisas. A columna amosa unha figura de San Marcos tallada á fronte. O capitel neoclásico presenta forma cuadrangular e remata nunha cruz, que representa no anverso a imaxe do Cristo Crucificado e no reverso a da Virxe coroada.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es