Igrexa de estilo románico de finais do século XII con fachada principal reconstruída no s.XVIII. Está situada na parroquia de San Xulián de Coirós.
Descrición: A súa planta rectangular estrúturase nunha soa nave da que sobresae unha ábsida rectangular. No interior, o paso da nave ao presbiterio realízase a través dun arco triunfal apuntado sobre dúas semicolumnas de fuste curto e capiteis ornamentados.
Decoración: Dos seus muros, no exterior destacan os contrafortes e as seteiras.
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas