Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura popular / Lugar da Espenuca

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Lugar da Espenuca

Na pequena área rural da Espenuca en Coiros, concéntrase abundante patrimonio popular e relixioso, materialializado nunha ermida románica, nun antigo campanario e nun miradoiro.

Historia: Neste alto atopáronse abundantes elementos da cultura castreña como muiños de man e lápidas con inscricións xeométricas. Segundo contan as crónicas, neste lugar existía un mosteiro cunha pequena ermida que foi destruída polos suevos a comezos do século V. Posteriormente foi reconstruída no ano 881, incorporándoa ao mosteiro de Cis no século XI.

Descrición: O Miradoiro está situado nun monte forestal a 290 metros de altura sobre o nivel do mar. Está previsto cortar algúns eucaliptos que tapan parte das vistas. No cumio do monte sitúanse tamén un cruceiro e un campanario, independentes da igrexa da Espenuca (Sta. Eulalia), por razóns acústicas.

Arredores: Preto do cumio atópase unha pequena ermida románica do século XII, que foi destruída polos suevos e reconstruida de novo posteriormente.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es