Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa do Santuario dos Remedios

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa do Santuario dos Remedios

Igrexa de estilo barroco construída nos s.XVII-XVIII para cristianizar un lugar de ritos celtas na parroquia de Santaia, en Curtis. Foi modificada no 1945.

Historia: A modificación supuxo engadir á estrutura primitiva unha planta basilical de 3 naves en formigón, respetando únicamente o arco de entrada e a fachada con fornelas e espadana de dous ocos sobre a porta.

Descrición: Planta basilical dunha nave central e dúas laterais. No interior pódese contemplar unha lauda sepulcral do fundador coa inscrición de 1640. No exterior os muros revestidos contrastan coas pezas de pedra á vista. Na fachada principal sobresae a típica espadana de dous corpos.

Para ver: Entre os elementos ornamentais, destaca o retablo neogótico do presbiterio.

Arredores: Nun lateral atópase un cruceiro de granito con plataforma de tres chanzos con pedestal cuadrangular. Presenta fuste de sección cadrada, rematado nun capitel coa cruz sen imaxes. Diante da igrexa existe un ara antiga e nas inmediacións pódese contemplar a fonte da Nosa Señora, á que se lle atribúen augas milagrosas.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es