Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de Santaia

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de Santaia

É a maior igrexa do concello de Curtis e no seu interior destaca un retablo situado no altar maior.

Descrición: Planta de cruz latina dunha única nave dividida en tres tramos por arcos de medio punto, situándose o coro aos pés da igrexa. A sancristía, que se atopa tralo altar, foi recentemente reformada. A fachada é de cantería con torre alta e un rosetón aberto ao coro na parte central.

Decoración: En canto á ornamentación interior destaca o retablo de estilo neoclásico do altar maior, adicado á crucifixión. A igrexa atópase rodeada por un muro perimetral, no que se desenvolve un viacrucis.

Arredores: Nunha praza lateral da igrexa érguese o cruceiro de Santaia, construído no 1868 para cumprir unha promesa dun veciño do lugar. Levantado sobre plataforma de catro chanzos conta cun capitel de forma cuadrangular, decorado con anxelotes e volutas nos esquinais. Sobre él aparece unha cruz latina, co Cristo crucificado no anverso, e unha Dolorosa sobre peana, no reverso.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es