Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de Sta María de Foxado

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de Sta María de Foxado

Igrexa de estilo barroco levantada sobre unha capela románica en Santa María de Foxado, Curtis. Do edifico orixinal consérvase unha parte do muro da ábsida e algunhas pedras con marcas dos canteiros nas escaleiras de baixada ao atrio.

Descrición: Construción sinxela dunha única nave cuberta con bóveda de madeira á que se abre a ábsida. No lado norte está a sancristía e no sur unha capela con cuberta de bóveda nervada con cinco claves. A fachada é sinxela con espadana de dobre oco e escasa decoración.

Arredores: Diante da igrexa atópase un cruceiro de granito sobre plataforma de catro chanzos, con pedestal de forma cúbica. Presenta fuste de sección cadrada con capitel sinxelo e cruz latina tronquiforme. No anverso, a imaxe do Cristo crucificado e no reverso, a da Virxe da Ascensión.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es