Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de San Pedro de Porzomillos

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de San Pedro de Porzomillos

Igrexa de estilo románico de finais do século XII e principios do XIII, situada na parroquia do seu mesmo nome, en Oza dos Ríos.

Descrición: Planta rectangular dunha soa nave rematada nunha ábsida rectangular. No exterior destaca un rosetón calado na mesma pedra con moldura lisa de forma semicilíndrica e unha figura xeométrica de influencia árabe.

Historia: Probablemente a igrexa foi, na idade media, un convento de templarios.

Arredores: Xunto á igrexa érguese un interesante cruceiro do século XX (ano 1957). Non conta con plataforma nen pedestal, xa que parte dunha mesa de ofrendas situada sobre dúas peañas entre as que está gravada a inscrición: "Ano 1945 doado polos veciños" . O fuste de sección circular remata nun capitel decorado con volutas e querubíns. Na cruz aparecen, no anverso, a figura do Cristo e, no reverso, unha imaxe da Virxe orante.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es