Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Conxunto relixioso As Capelas

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Conxunto relixioso As Capelas

Singular conxunto relixioso composto por dúas ermidas, a do Carmen e a da Trinidad, localizado na parroquia de Santo Estevo de Parada, en Oza dos Ríos.

Descrición: A Capela do Carmen adicada á Virxe do Carmen, conta con planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas. Dende o punto de vista ornamental é unha construción totalmente austera, tanto no interior como no exterior. Preto dela, érguese a Capela da Trinidade (ver galería), cunha estrutura igual que a anterior pero levantada en honor á Nosa Señora da Trinidade. Tampouco presenta concesións á ornamentación, nin no interior nin no exterior.

Arredores: Xunto á capela da Nosa Señora da Trinidade pódese contemplar un cruceiro con plataforma de dous chanzos, pedestal cúbico e fuste cuadrangular culminado nun capitel. A parte máis destacada é a cruz latina cos extremos florenzados, onde se atopan as imaxes do Cristo, no anverso, e da Piedade, no reverso.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es