Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa Santa Cruz de Mondoi

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa Santa Cruz de Mondoi

Igrexa de estilo románico do século XII con capela lateral de estilo renacentista, situada na parroquia de Mondoi, en Oza dos Ríos.

Descrición: Templo dunha soa nave e ábsida rectangular. A pesar das modificacións e engadidos aínda conserva a estrutura do templo románico e a súa ábsida de gran riqueza ornamental. O emprego do granito como material constructivo nos seus perpiaños proporciona uniformidade ao templo, á capela e á sancristía pertencentes a diferentes épocas e estilos.

Para ver: O interior é austero e o altar maior conta con capiteis románicos decorados con elementos vexetais, zoomorfos e xeométricos. Destacan os retablos situados neste altar e na capela lateral de estilo renacentista. A decoración do exterior céntrase na fachada principal cunha curiosa colección de modillóns.

Engadido: É un templo de influencia compostelá da segunda metade do século XII, ó que se lle engadiu logo unha capela renacentista.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es