Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de Santiago de Adragonte

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de Santiago de Adragonte

Igrexa de estilo barroco do s. XIX situada en Paderne, con importantes elementos patrimoniais nos seus arredores como un sepulcro anterior ao século XIII.

Descrición: Edificio de planta rectangular dunha soa nave cun pequeno cuarto engadido que fai a función de sancristía. No exterior, a decoración concéntrase na fachada principal onde se superpoñen unha porta de entrada con orelleiras, unha fiestra rectangular e, rompendo a cornixa, unha espadana de tres corpos.

Para ver: Na parte traseira da igrexa consérvase o Sepulcro de Santiago de Adragonte de gran importancia dentro do patrimonio cultural de Galicia. É un sepulcro de tipo antropoide (de figura humana) anterior ao século XIII, singular en moitos aspectos como nas súas formas redondeadas e na sinxela decoración da tapa. A súa fidelidade ás formas do ser humano indica que non foi realizado con motivo de ningunha moda senón que o sepulcro ten carácter persoal. O seu emprazamento orixinal ocupaba probablemente un lugar relevante no interior da igrexa.

Arredores: No lado oposto diante do templo, érguese un cruceiro do S.XVIII de formas barrocas e estilizadas. A obra apóiase nunha plataforma dun só chanzo cun pedestal prismático de caras lisas. O fuste da columna é de forma salomónica mentres que o capitel está decorado por querubíns nas caras. Os extremos da cruz remátanse con flores, no anverso aparece o Cristo Crucificado e no reverso, unha imaxe da Virxe Dolorosa.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es