Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa S. Estevo de Quintás

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa S. Estevo de Quintás

Pequeno edificio situado no lugar de Quintás, en Paderne, de volumetría irregular debido ás alteracións producidas polos engadidos e as variacións nas alturas.

Descrición: Edificio de planta rectangular irregular dunha soa nave con presbiterio e sancristía. Presenta muros de carga e cuberta a dúas augas con estrutura de madeira e tella plana. O pavimento é de pedra.

Decoración: No exterior a decoración concéntrase na fachada principal, na que se superpoñen unha porta de entrada, unha pequena fiestra e unha espadana dun corpo composto por tres linteis, que dan lugar a dous ocos nos que se atopan as campás.

Arredores: Nas inmediacións érguese un cruceiro de granito con plataforma cuadrangular de tres chanzos. A continuación pedestal con inscricións do que arrinca un varal de sección octogonal. O capitel é cuadrangular, amplo e pouco corrente, coa parte baixa decorada por cabezas unidas entre sí. Enriba, unha cruz de sección cadrada cun Cristo Crucificado, no anverso, e unha Dolorosa, no reverso.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es