Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de Santa María de Souto

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de Santa María de Souto

Igrexa de estilo predominantemente barroco, aínda que con orixe románica do século XII, situada no lugar de Souto, en Paderne.

Descrición: O edificio presenta planta rectangular dunha soa nave e dúas pequenas capelas laterais. No muro septentrional, na parte do prebisterio, engadíuselle un cuarto cuadrangular que funciona como sancristía.

Decoración: A fachada principal, sobria e sinxela, contén a escasa decoración do edificio. No eixe vertical central superpóñense unha porta de entrada alintelada, un pequeno oco circular e unha espadana de dous corpos, o primeiro con tres machóns e campás e o segundo ornamental.

Historia: Malia ter unha base estrutural románica, Santa María de Souto prácticamente non conserva restos do século XII, debido á transformación completa que sufriu no ano 1813. Motivo polo que a datación do edificio tan só é posible a través do arco triunfal de semicolumnas.

Arredores: Preto da igrexa érguese un cruceiro con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico con arestas altas biseladas. A columna de forma cuadrangular-octogonal-cuadrangular remata nun capitel neoclásico con ornamentos de grecas estriadas nas súas caras. Enriba, unha cruz co Cristo crucificado, no seu anverso, e a Virxe das Dores, no reverso.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es