Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arqueoloxía / Castros e túmulos en Sobrado

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Castros e túmulos en Sobrado

Este concello é titular dun rico patrimonio arqueolóxico representado en castros e túmulos, moitos deles deteriorados e destruídos polos traballos agrícolas e a abundante vexetación.

Entre os castros destacan o da Lagoa, o de Penagrande, o da Orela e o da Roda, cada un coas súas singularidades:

-Castro da Lagoa (ver foto): Xacemento nun alto rochoso de forma circular e ampla visibilidade cara ao oeste. É o único castro do concello que posúe dúas portas. Conserva unha gran cantidade de rochas que cobren unha boa parte do chan e algunhas pequenas pedras que proban a existencia de construcións habitadas.
-Castro de Penagrande: Conta cun gran recinto principal duns 125 m. de diámetro e dúas entradas: unha na parte nordeste e un acceso moderno na sueste.
-Castro de Orela: É un recinto circular duns 60 m. de diámetro rodeado de defensas e cuberto de vexetación.
-Castro da Roda: Pequeno espazo duns 75 m. de diámetro cun sistema defensivo moi deteriorado. Sobre él existen numerosas lendas que falan da presenza dos mouros e da existencia dunha mina.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es