Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / Refuxios do Mandeo, unha marca que potenciará unha hostalaría de calidade

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Refuxios do Mandeo, unha marca que potenciará unha hostalaría de calidade

A iniciativa pretende dinamizar o turismo nos concellos que conforman a conca do Mandeo: Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado.

Co obxectivo de potenciar unha hostalaría de calidade na conca do Mandeo e dinamizar este sector nos dez concellos polos que discorre o río, A Deputación da Coruña, en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) desenvolveu a marca Refuxios do Mandeo.

Esta marca identificará aqueles locais de hostalaría que cumpran cunha serie de requisitos como excelente atención ao cliente, correcta sinalización das súas instalacións, funcionamento óptimo de reservas e facturación electrónica e acondicionamento e modernización do establecemento.
A implantación da marca Refuxios do Mandeo obtivo unha gran acollida entre os hostaleiros e 16 establecementos (10 restaurantes e 6 casas de turismo rural) xa comezaron os trámites para conseguir este selo de calidade.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es