Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / A Deputación da Coruña destinará catro millóns de euros ao saneamento da conca do Mandeo

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

A Deputación da Coruña destinará catro millóns de euros ao saneamento da conca do Mandeo

O orzamento foi confirmado hoxe polo Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, durante unha reunión con técnicos da Universidade da Coruña e representantes dos concellos participantes.

Durante o encontro presentáronse as accións estratéxicas do Proxecto Mandeo, co que se pretende a potenciación do desenvolvemento socioeconómico desta área xeográfica, conformada polos concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado, cunha poboación estimada de 40.000 habitantes. O Proxecto conta cun orzamento global de 12,4 millóns de euros.

Na reunión cos representantes dos concellos entregouselles un estudo de directrices de saneamento, que será a base para desenrolar futuras accións, coma a recuperación da zona dos canlóns, en Betanzos, que conta cun investimento de 539.854 euros. Esta actuación inclue a creación dun recorrido fluvial entre o paseo da Tolerancia e outra senda localizada no concello de Coirós.

O Proxecto Mandeo contempla tamén a execución dunha rede de sete áreas de lecer que se situarán noutros tantos concellos da zona. Recentemente contratouse tamén a realización do proxecto de construción do Centro Etnográfico de Curtis, que contempla dúas áreas: a primeira destinada a centro etnográfico e a segunda como centro de formación e aloxamento de visitantes.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es