Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Descubre o Mandeo / Un fin de semana

Descargas

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Un fin de semana

Betanzos é un obxectivo perfecto para gozar dun fin de semana diferente.

DÍA 1

Existen dúas opcións; saíndo de Betanzos dirección á Coruña, atopamos en Bergondo o Pazo de Mariñán. A visita supón unha parada no noso percorrido e merece a pena polo seu valor patrimonial, os seus xardíns e o seu Observatorio Ornitolóxico. Moi preto está a área de Lecer de Ou Pedrido, onde podemos visitar a barca didáctica.

Ao mediodía, a gastronomía da zona ten o seu mellor expoñente nos Refuxios do río Mandeo. Destaca a boa carne de Parrillada San Isidro (Bergondo), a cociña selecta de Restaurante A Cabana (Bergondo) ou a tradicional de Casa Vidal, en Souto (Paderne).

Pola tarde podemos achegarnos a Paderne, Leira Regueiral, onde se ofrecen paseos dacabalo pola zona. E moi preto, na parroquia de Vigo (Paderne), Corax Fauna ofrece unha interactiva aventura con fauna salvaxe autóctona e exótica. Para a noite dispomos de aloxamentos como Casa de Sixto, en Sas (Paderne) ou en casa dos Noche en Coirós.

DÍA 2

É recomendable profundar na riqueza natural de Chelo (Coirós), paraxe pintoresca e lugar no que se atopa o Centro de Interpretación, onde teremos a posibilidade de profundar no coñecemento do río e os seus valores naturais. Desde alí, a Ruta de Paderne (SM.13) descende augas abaixo, mentres que augas arriba a Ruta O Bocelo (SM.12) e a circular Zarzo-Chelo (SM.11) permiten seguir a canle fluvial polas ladeiras boscosas do val.

A visita ao próximo Santuario da Espenuca, pode ser a antesala a unha merecida comida no Restaurante La Paz ou o Restaurante El Caserío (Refuxios do río Mandeo). Pola tarde, podemos achegarnos ao Centro Etnográfico de O Carregal, en Teixeiro (Curtis). De camiño a Sobrado, se nos desviamos un pouco nas Cruces, chegaremos á escavación da Ciadella, o que foi un dos campamentos romanos máis importantes da zona.

Para completar o fin de semana, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes é unha magnífica opción. Ao impresionante Mosteiro e a fermosa Lagoa, debemos sumar a súa variada oferta gastronómica e de aloxamento que ofrecen os Refuxios do río Mandeo desta zona.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es