Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Descubre o Mandeo / Paseando por Betanzos

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Paseando por Betanzos

Betanzos resulta o lugar ideal se queremos pasear. Declarado Conxunto Histórico, gran parte do casco antigo é peonil, o que permite facer compras ou tomarnos un respiro nas súas terrazas.

En poucos lugares podemos visitar a pé tantos elementos de interese. Á hora de facer compras é moi recomendable gozar dos produto típicos da zona que ofrece a ténda Degustación de Casa do Queixo, que inclúe desde queixos e licores, até adornos e recordos. Sitúase en rúa Roldán, moi preto da Praza da Constitución.

Precisamente, as prazas Constitución, Fernán Pérez de Andrade e García Irmáns presentan unha enorme densidade patrimonial: igrexas (San Francisco, Santa María de Azougue, Santiago ou Santo Domingo), pazos e casas señoriais (Lanzós, Bendaña ou Casa Núñez) e construcións tradicionais (Casas de Fonte da Unta ou os soportais de Praza do Campo), e todo en tres prazas! A iso podemos engadir a presenza do Museo das Mariñas e a visita á Fundación CIEC.

Na Ponte Vella podemos gozar do rio Mandeo a través do Paseo fluvial dos Caneiros (SM.19), que nos leva desde o núcleo de Betanzos até o Campo dos Caneiros. Achegármonos ao Parque de Pasatempo supón un momento, e poderemos comprobar o rico universo dos Irmáns García Naveira cos seus curiosos xardíns.

O paseo sempre dá fame e por sorte Betanzos conta con varios Refuxios do río Mandeo para que recarguemos as pilas. Mesón O Pasatempo, Restaurante Os Arcos e Mesón Veiga son unha magnífica opción.

Despois dun día intenso, as agradables noites estivais de Betanzos son algo que non debemos perder. A vila non só nos ofrece unha gastronomía cargada de personalidade, senón que as súas terrazas, soportais e sofisticados locais bríndanse a alargarnos a noite.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es