Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Descubre o Mandeo / Paisaxes e áreas de ocio

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Paisaxes e áreas de ocio

A exuberante natureza do Mandeo é un dos seus maiores atractivos.

Partindo da costa atopamos dous observatorios ornitolóxicos a ambos lados da desembocadura do Mandeo. Tanto no Observatorio Ornitolóxico de Mariñán (Bergondo) como no de Souto (Paderne), poderemos contemplar ás aves das marismas. No Observatorio de Mariñán prestarannos uns prismáticos para non perder detalle.

Unha parada obrigada para os amantes da natureza é Corax- Fauna con algúns exemplos das especies máis carismáticas. Despois podemos gozar dunha boa comida nos restaurantes O Garfo, en Irixoa, ou Casa Platas, en Ponte Aranga. Despois de repousar, non nos podemos perder as vistas desde o miradoiro de Vieiro.

As fervenzas son outro dos reclamos do río. Desde Ponte Aranga podemos pararnos e elixir entre dúas rutas de sendeirismo: a ruta do Val de Cambás (SM.04) ou a ruta de Veiga do Mandeo (SM.05). De camiño ao sur, non podemos deixar de facer unha parada no Centro Etnográfico de O Carregal, en Curtis.

Despois dun día completo en contacto coa natureza, en Curtis contamos con aloxamento en casa de Barreiro e os restaurantes e Perla do Muíño e Carballeira, en Teixeiro. A partir de aquí cara ao sur, entramos na zona máis abrupta e rural da conca para descansar lonxe do mundanal ruído en casa Quinto, Casa Picoto, Casa Rebordiños, Hotel San Marcos ou Casa do Queixo de Grixalba.

A lagoa de Sobrado é un refuxio de fauna no que se dan cita rechamantes especies de aves e de anfibios. Iso descontando a visita ao seu coñecidísimo Mosteiro de Santa María de Sobrado e como non, os seus produtos gastronómicos da máis alta calidade, que poderemos gozar nos Refuxios do rio Mandeo: restaurante Real e restaurante As Casiñas, ambos no mesmo núcleo de Sobrado.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es