Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Descubre o Mandeo / O Mandeo máis recóndito

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

O Mandeo máis recóndito

A parte media e alta da conca do Mandeo é a menos coñecida. Isto en si pode ser un atractivo, sobre todo se nos chaman as aventuras e os terreos inexplorados.

En Aranga, xunto á cabeceira municipal, podemos iniciar a xornada escollendo entre dúas rutas: a ruta Veiga do Mandeo (SM.05) e Val de Cambás (SM.04), seguindo pola área de Lecer de Barranco da Loba, na unión entre os ríos Mandeo e Cambás. Trátase de dúas sendas de dificultade media-alta, e lineais, polo que debemos ir preparados.

Ponte Aranga é un punto clave para os exploradores da Conca do Mandeo. Ademais da área de Lecer de Ponte Aranga e do Barranco da Loba, podemos repor forzas na coñecida Casa Platas. Á tardiña, desprazámonos en coche até Teixeiro para gozar dunha boa cea en calquera dos Refuxios do Mandeo desta localidade (Perla do Muíño e Carballeira) e pasar a noite en casa de Barreiro (Abeledo). Poderemos, ademais, aproveitar para visitar o Centro Etnográfico de O Carregal.

Ao día seguinte, continuamos o noso percorrido en coche cara ao oeste, onde o río Mendo convértese no protagonista. Na área de Lecer e a Ruta da Rexidoira (SM.17), en Cesuras, poderemos descubrir algunhas das fervenzas máis emblemáticas e accesibles de toda a conca. Outro punto de referencia é a área de Lecer de Agra-Reboredo. Situada en Oza. A ruta de Agra (SM.16), que non chega a 1 km. de longo, é a que nos queda máis a man.

Un pouco máis lonxe e máis esixente é a SM.14 ou ruta do Mendo, de dificultade media e de case 11 km. de percorrido. Moi preto, tamén en Oza dos Ríos, podemos acabar o noso periplo visitando a Casa Reitoral de Cinemas, onde poderemos ademais aloxarnos, e dar unha volta polo núcleo de Oza, parada obrigada para degustar a cociña tradicional de El Moderno ou a parrillada do restaurante Terra Nova.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es