Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Educación e Formación / Xornada "A Axenda 21 Local e a Auga" / Xornada "A Axenda 21 Local e a Auga"

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Xornada "A Axenda 21 Local e a Auga"

A Xornada realizarase na sede da Diputación o xoves 5 de xullo. O prazo de preinscrición finaliza o 4 de xullo.

A experiencia adquirida no desenvolvemento do Proxecto Mandeo puxo de manifesto a necesidade de atopar ferramentas que, desde a acción máis próxima aos cidadáns, a dos municipios, integren as políticas ou estratexias de maior escala espacial, máis territoriais. A Axenda 21 Local (AG21L) pode converterse nesa ferramenta.

A Axenda 21 Local é o elemento máis amplamente difundido e aceptado por parte das autoridades locais para abordar os problemas ambientais desde o enfoque de «pensar globalmente e actuar localmente».

É, en esencia, un proceso participativo e multisectorial para alcanzar as metas da Axenda 21 (un dos principais resultados do Cumio da Terra de Río 92) a nivel local a través da preparación e implementación dun plan estratéxico a longo prazo que dirixa os asuntos locais prioritarios de desenvolvemento sustentable.

Obxectivos

A xornada ten como obxectivos os seguintes:

-Revisar a evolución e consolidación da AG21L como proceso de implantación de políticas e estratexias de sustentabilidade nos municipios. Analizaríanse tamén os puntos fortes e as debilidades que os anos de experiencia puxeron de manifesto.

- Que diferentes municipios con AG21L expoñan a súa experiencia, sobre todo desde os aspectos relacionados co auga.

- Analizar as posibilidades de actuación da Deputación nos procesos de AG21L con fortes implicacións no factor auga.

- Revisar os plans que actualmente están en marcha, aprobados ou en proceso de aprobación, por parte de Augas de Galicia, destacando e analizando qué aspectos deben ser tidos en conta e deben ser adoptados e integrados polos concellos.

- Reflexionar sobre as posibilidades de uso da AG21L para integrar políticas e planificación de ámbito superior ao municipal e revisar o papel que pode xogar a Deputación nesa integración.

A quen vai dirixido?

- Membros das corporacións locais responsables dos temas ambientais ou do desenvolvemento de Axendas 21 - Técnicos da administración relacionados co auga. - Técnicos de ambiente das administracións. - Empresas consultoras de enxeñería. - Empresas de xestión do ciclo da auga urbana.- Estudantes. - Organizacións ambientalistas, conservacionistas, asociacións de veciños...

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es