Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Actuacións / Optimización dos usos da auga / Construcción e mellora de infraestruturas de abastecemento

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Construcción e mellora de infraestruturas de abastecemento

Obxectivo: Estudar con fin de mellorar ou construír infraestruturas de abastecemento na conca do Mandeo.

Fases da actuación no Mandeo:
1. Análise das infraestruturas existentes e valoración do déficit a partir da información da IDE-Dicoruña (EIEL).
2. Análise e valoración propoñendo melloras das actuacións previstas no Plan de Abastecemento de Galicia 2005-2025 nos concellos participantes.
3. Acordo cos concellos sobre as actuacións a realizar.
4. Elaboración de proxectos:
-Deseño das infraestruturas aplicando os pregos Técnicos de Deseño de Sistemas de Abastecemento e Saneamento da EPOSH- Augas de Galicia (Xunta de Galicia).
-Potenciarase o uso de enerxías renovables.
-Establecemento de direccións de obra.
-Construción de infraestruturas de abastecemento.
-Desenvolvemento dunha imaxe común.

As actuacións previstas neste proxecto responden fundamentalmente ás accións referidas no Plan de Abastecemento de Galicia coas consiguientes adaptacións e reaxustes que implica pasar da escala de Plan á realización de proxectos concretos. O Plan de Abastecemento afecta, en xeral, aos sistemas de abastecemento que fornecen auga a entidades de poboación de máis de 50 habitantes, coas seguintes matizaciones:

:: Inclúe a todas as entidades singulares de poboación conectadas á rede municipal, sexan de máis de 50 habitantes ou non, o que supón un total de 2.119.706 de habitantes (77,05 % sobre o total de Galicia) e 10.242 entidades singulares de poboación.
:: Considerase aquelas entidades singulares de poboación fixa igual ou maior de 50 habitantes non conectados
:: Inclúe aqueles sistemas veciñais coñecidos que subministran auga a unha poboación fixa superior a 50 habitantes (en Galicia existen máis de 1.600 sistemas destas características que afectan a uns 160.000 habitantes, 5,82 % sobre o total).

Período: O Plan de Abastecemento programouse cun horizonte de 10 a 20 anos, o que se corresponde co 2015 e 2025.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es