Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Actuacións / Dinamización turística / Áreas de observación e interpretación da fauna e flora autóctona

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Áreas de observación e interpretación da fauna e flora autóctona

Co obxectivo de potenciar o alto valor ornitolóxico da zona Natura 2000 englobada dentro do proxecto, construíronse en Paderne e Bergondo dous observatorios ornitolóxicos, perfectamente integrados no ámbito.

Na elección destas dúas localizacións tívose en conta o comportamento das especies, o carácter migratorio ou uso especial dos hábitats, as zonas descubertas coas mareas, a orografía e as necesidades dos observadores da zona.

Desprovistos de luz natural, estes enclaves contan con troneiras abatibles que permiten a observación das aves tanto de pé como sentados, ademais de contar con postos para persoas con mobilidade reducida.

Ademais da instalación dos observatorios, realizouse o acondicionamento dos accesos e a súa sinalización, incluíndo información de tipo didáctico para os visitantes non expertos e de tipo técnico para os expertos.

Esta información plasmouse en diverso material didáctico, como guías e cadernos de campo. Os colexios públicos da zona realizaron visitas guiadas aos observatorios e recibiron un kit de observación que inclúe un telescopio de tipo ornitolóxico con trípode e unha serie de binoculares de campo, dotación coa que tamén contan os visitantes das estacións ornitolóxicas.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es