Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Actuacións / Dinamización turística / Centro de Interpretación Fluvial

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Centro de Interpretación Fluvial

A área recreativa e de interpretación ecolóxica de Chelo, a poucos quilómetros de Betanzos, foi elixida como a sede do futuro centro de control fluvial, nestes momentos en construción, onde se rexistrarán as melloras e progresos ambientais da conca, servindo, ao mesmo tempo, de plataforma didáctica.

Esta localización conta cunha pequena aula da natureza, cun interesante programa de visitas. Esta edificación continuará co seu uso actual e, nas súas proximidades, levantarase o novo inmoble.

O obxectivo principal desta nova edificación será o de promover un ambiente para a aprendizaxe dos cidadáns e ofrecer un mellor coñecemento e desfrute dos valores culturais e naturais do Mandeo. Terá un peso destacado a presentación expositiva dos valores ambientais da área, ademais de servir de centro de recollida da toma de mostras sobre a calidade da auga do río e contar o bioescaner de peixes e unha cámara de vídeo, que se integrará como un elemento máis da exposición.

Neste Centro de Interpretación presentaranse, de modo expositivo, a importancia ambiental da conca do Mandeo, e mostraranse datos sobre os indicadores de calidade da auga incluíndo pantallas de control do paso para peixes de Chelo. Para iso instrumentouse un bioescáner de peixes e unha cámara de vídeo, que se integrará como un elemento máis da exposición.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es