Coa finalidade de poñer en valor o patrimonio cultural e arqueolóxico da conca, en Curtis, cabeceira do Mandeo, estase a construír o Centro Etnográfico e de Formación.
O deseño, obra do estudo Barge/Bouza Arquitectura, reinterpreta os típicos palleiros galegos ou as casas populares, co fin de que cause o menor impacto visual posible e se integre perfectamente na zona de bosque onde quedará situado.
Habilitarase con fins eminentemente didácticos, e contará cunha importante recompilación de material etnográfico. O centro dotarase do equipamento necesario para que pequenos grupos de persoas poidan realizar actividades interactivas de aprendizaxe, e dispoñerá de aulas didácticas, paneis, salas de visionados, maquetas, etc...
Este centro é, xunto ao de Interpretación do Ecosistema Fluvial de Chelo, un dos de maior entidade do proxecto xa que, pola súa situación, serven como elos de unión entre os tramos medio-baixo e alto do río. A conca ten unha orografía accidentada que fai que as zonas alta e baixa apenas teñan contacto e que a través destes centros se dá continuidade ao proxecto.
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas