Co obxectivo de potenciar o coñecemento da flora e a fauna patrimonio da conca, realizáronse unha serie de unidades didácticas ambientais dirixidas a alumnos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato de centros educativos da zona, ademais dunha guía específica para familias e visitantes.
Para a implementación das unidades didácticas contouse con dous grupos de educadores que realizaron actividades nas aulas dos 18 centros escolares da zona, que contan con máis de 3.500 alumnos.
Como complemento a estas unidades didácticas, cada concello participante conta cunha exposición formada por 12 paneis portátiles e unha maqueta interactiva en tres dimensións, que reproduce un tramo do río e na que se encontran representados grande numero de hábitats do Mandeo.
A maqueta deseñouse un xogo educativo no que os nenos poderán intercambiar ou mover pezas sobre a base de decisións sobre a xestión do territorio que implican cambios no medio natural, polo que permitirá aos pequenos aprender xogando.
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas