Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Resumo e xustificación / Saúde mediambiental do Ecosistema

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Saúde mediambiental do Ecosistema

Para outorgar valor a unha conca fluvial é imprescindible que o río cumpra uns estándares de calidade.

A Directiva Marco da Auga (en diante DMA) e a lexislación derivada son o marco lexislativo actual que garante a boa saúde dos medios fluviais. A DMA non é só unha declaración de intencións, senón que impón prazos e obrigas aos estados da Unión Europea. Todos os leitos fluviais, salvo xustificación razoada, deben cumprir uns obxectivos de bo estado ecolóxico baseados en indicadores biolóxicos, fisico-químicos( calidade das augas) e hidromorfolóxicos (caudais de protección ou ecolóxicos).

As medidas a tomar están reguladas pola DMA, polo Texto Refundido da Lei de Augas (art. 92) e polo Reglamento de Planificación Hidrolóxica (art. 41.4). Entre outras, consideranse básicas as seguintes disposicións:
1._Medidas para fomentar un uso eficiente da auga.
2._Medidas de control sobre a extracción da auga.
3._Medidas de control sobre verteduras.
4._Medidas que garantan a aplicación de Directivas Europeas sobre augas de consumo humano, saneamento e tratamento de augas residuais urbanas, hábitats naturais, etc.

Caso Mandeo: O Mandeo e os seus afluentes (como o Mendo) conforman un ecosistema cun estado aceptable de saúde, pero que non cumpre os obxectivos marcados pola Directiva. Como paso previo a calquera outra actuación, débese garantir que os indicadores que mostran a calidade do río están dentro dos límites impostos. Esto implica un investimento en infraestruturas de saneamento e depuración.

Hoxe en día os sistemas de abastecemento e saneamento, deben cumprir os seguintes principios :
1._Compromiso dun uso sostible do recurso: a auga non é un ben comercial senón un patrimonio a protexer.
2._É necesario cambiar o concepto do consumo da auga e transmitirlle ao cidadán a idea dun ciclo coherente da auga.
3._Débese buscar o cumprimento estrito da lexislación presente e futura.
4._É necesario promover un elevado nivel de protección ambiental e sanitario tanto no medio urbano como no rural, a través dunha axeitada xestión das augas de abastecemento e augas residuais urbanas.
5._Responsabilidade compartida: todos os axentes sociais serán partícipes da procura da solución óptima.
6._Subministro de auga con gran garantía de cantidade e calidade tanto no medio rural como no medio urbano.
7._Desenvolveranse estratexias de minimización da xeración de augas residuais en orixe e mellorarase o control da contaminación enviado ao sistema de saneamento.
8._Débese fomentar a reutilización das augas residuais.
9._Débese fomentar a educación, formación e toma de conciencia da importancia deste recurso natural indispensable e escaso.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es