Estes indicadores de calidade amosarán o nivel de mellora acadado coas actuacións no ecosistema.
Unha vez confirmadas as melloras nos sistemas de abastecemento e saneamento e verificado que os usos da auga non implican unha agresión ao río, fixarase unha estratexia de control do estado do ecosistema fluvial que empregará indicadores de tipo biolóxico, físico-químico e morfolóxico. Estas actuacións de control, levaranse a cabo mediante campañas de campo e estacións de control en continuo, nas que se analizarán parámetros relativos á calidade e cantidade da auga do río.
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas