Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Resumo e xustificación / 3._Información á poboación

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

3._Información á poboación

Logo de conseguir que o río cumpra uns estándares de calidade, é imprescindible avanzar un paso máis no proxecto e trasladar esa información á poboación. O xeito de facelo é a través dos centros que vertebrarán o plan.

Actuacións: Acondicionaranse tres puntos de achegamento á conca, que coinciden cos tres grandes centros do proxecto :
1.O Pazo de Mariñán, situado na parte baixa, albergará o Centro de Control das estacións remotas da calidade de augas, con paneis informativos e pantallas de datos.
2.A área recreativa e de interpretación ecolóxica da presa de Chelo, na que existe na actualidade un aula de interpretación da natureza na zona medio-baixa. Este punto será a sede do Centro de Interpretación do Ecosistema Fluvial onde se localizará o control de parámetros medioambientais. Na presa existe ademais unha escala de peixes de fenda vertical, que se acondicionará para poder visitala e será o comezo de rutas de interpretación natural.
3.O Centro Etnográfico e de Formación do Mandeo que estará situado no Concello de Curtis na cabeceira da conca, aproveitando unha antiga estación depuradora de auga potable preto dun muiño. Servirá como elemento de potenciación cultural estreitando o vínculo entre o río e a poboación.

Os centros localizanse ao longo do río nos tramos baixo, medio e alto, servindo de nexos de unión fluvial e vertebrando o proxecto. Deles partirá un bo número de rutas de sendeirismo e diferentes itinerarios de interese cultural (Ex: Os Caneiros).

Obxectivos: As estacións de control (cos datos físico-químicos, biolóxicos e morfolóxicos) contarán con tecnoloxía de telecontrol, que permitirá remitir este datos en tempo real aos centros de interpretación, onde se farán públicos. Nos distintos paneis os visitantes e veciños coñecerán mediante parámetros visuais a evolución e mellora experimentada na conca. Os datos estarán tamén a disposición do público na páxina web e na páxina institucional da Deputación da Coruña.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es