Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Resumo e xustificación / 4._Dinamización turística

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

4._Dinamización turística

As actividades lúdicas vinculadas ao turismo rural, como os itinerarios fluviais ou as rutas de sendeirismo, completaranse con outras ofertas de lecer. O obxectivo é poñer en valor a conca do Mandeo.

Outras actuacións: O Proxecto ten previsto crear unha rede adicional de publicidade baseada na rede hostaleira que se integre no plan. Algúns dos establecementos da zona cunha oferta de calidade no que ao produto se refíre, requiren apoio na modernización das súas instalacións. Este apoio condicionarase á imposición dun estilo e marca comúns, cunha infografía, decoración e restriccións arquitectónicas comúns. Estes centros serán ademais puntos de información turística que dirixirán ao visitante aos Centros de Interpretación, ás rutas ou os fitos de interese.

Como obxectivo transversal do proxecto, garantirase que todos os servizos creados fomenten a integración de persoas dependentes e dos colectivos máis desfavorecidos. Na execución do plan bonificarase aquelas empresas e institucións que manteñan políticas firmes de conciliación familiar e de contratación de persoas con risco de exclusión social, especialmente dentro do ámbito rural.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es