Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Órganos de xestión / Dirección Administrativa e Financeira

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Dirección Administrativa e Financeira

Órgano encargado dos trámites administrativos e financeiros en xeral. Asume tamén aquelas accións precisas para asegurar un correcto desenvolvemento do proxecto.

Función: A Dirección Administrativa e Financeira será a encargada do control in situ das actuacións, de xeito que se garanta o uso dos fondos comunitarios nunha xestión financeira clara e correcta.

Requisitos: Este control realizarase dende unha perspectiva múltiple que inclue dende a elección das accións ata a análise dos gastos realizados. Os documentos contables organizaranse de xeito que se identifiquen as partidas concretas nas que se materializaron as subvencións concedidas.

O Comité de Dirección reunirase cunha periodicidade semestral para avaliar o proxecto e analizar os informes intermedios emitidos polo Comité de Xestión do Proxecto. A Dirección Administrativa será a encargada de elaborar a acta da reunión correspondente coas conclusións obtidas. A estas reunións, a través da Área de Participación Pública, invitarase a persoas vinculadas ás actuacións (beneficiarios, partes interesadas, etc.) para escoitar as súas suxestións e experiencias e incorporalas ao desenvolvemento do proxecto.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es